Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte e dous maios darán a benvida á primavera

RR_Noticias

O programa de revitalización posto en marcha dende a Concellería de cultura e a Cooperativa Trespés logra incrementar a participación na tradicional festa dos maios, que este domingo congregará na Alameda a un total de 22 agrupacións.

A partir das onde da mañá do domingo celebrarase en Redondela como todos os primeiros de maio este tradicional xeito de dar a benvida á primavera coa incorporación de novidades pioneiras en Galicia ao tempo que se atende á memoria para rescatar parte dos seus elementos constitutivos.
Froito do programa “Repensando os Maios 2011” organizado polo propio Concello e desenvolvido pola cooperativa Trespés, incorpóranse novidades á celebración sendo a máis reseñable a colocación dun palco aberto na Alameda a onde subirán os maios para que o público poidar admirar as construccións de forma individual. As catro categorías premiadas: Maio tradicional, artístico, coplas e interpretación mantéñense, incrementando algo a contía do premio, pero muda o procedemento de votación. Trátase dunha innovación que non ten precedentes na festividade a nivel galego. Incorporórase un novo sistema de votación e por vez primeira na historia, os participantes poderán votar aos outros maios nas categorías de Maio tradicional e Artístico. Mediante un sistema de votación manual, o xurado recollerá un voto de cada participante nas categorías mencionadas que se sumará ao criterio do xurado. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará