Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG aposta pola creación de emprego e as políticas de benestar social

RR_Noticias

O programa de goberno que está a presentar o bloque ás diferentes asociacións e colectivos pon o acento en dous eixos fundamentais: as políticas de benestar social e a necesidade de dinamizar a creación de emprego dende a institución municipal.
 

Ao longo das vindeiras semanas membros da candidatura que lidera Cecilia Pérez Orge manterá diferentes encontros con asociacións e colectivos parroquiais co obxectivo de presentarlles o seu programa electoral. Dende o bloque defenden a súa proposta como a única alternativa fronte a un Partido Popular que ao seu entender “non representa grandes aspiración para o goberno de Redondela”. Critican tamén aos que foron nos últimos anos os seus socios de goberno, o PSOE de quen aseguran que presentan un “proxecto esgotado politicamente dende hai xa varios anos”.
Engaden os nacionalistas que os últimos mandatos “serven de aval para amosar o compromiso, constancia, capacidade de traballo e ilusión dos homes e mulleres do BNG” e postúlanse como os representantes idóneos para por en marcha un “goberno con criterio e ideas para desenvolver as potencialidades das que goza Redondela”. Debates electorais
O BNG anima aos centros culturais a organizar debates electorais como “fórmula máis democrática e próxima á cidadanía para que reciban de primeira man as diferentes propostas política” e bríndase a participar en todos aqueles debates que se convoquen.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará