Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

500 participantes na IV carreira popular Vila de Redondela

RR_Noticias

Trescentos atletas adultos e máis de douscentos rapaces participan o vindeiro martes 17 na carreira popular Vila de Redondela que organiza pro cuarto ano consecutivo a piscina municipal en colaboración coa Concellería de deportes.

En total son máis de medio milleiro de corredores de tódalas idades os que participarán nesta IV edición da carreira popular Vila de Redondela. Catro categorías que servirán para dar cabida aos cativos, que participarán nunha carreira non competitiva na Alameda, pero tamén adultos que realizarán un percorrido de seis kilómetros. Ás 10:30 horas está previstas a saída dos máis de 300 atletas dende o concello en dirección á Igrexa de Cesantes, onde os corredores darán a volta para regresar ao punto de orixe, onde estará situada a meta. Unha das grandes novidades deste ano é a colaboración coa Asociación Lenda de axuda ás persoas con enfermidades mentais, que recibirá un euro da cota de inscrición de adultos. Un xeito de colaborar economicamente cunha asociación que está a pasar por momentos difíciles pero tamén unha forma de dar a coñecer a importante labor social que desenvolven.

José Bamio xerente da piscina
Diferentes modalidades para grandes e cativos
Colaboración con Lenda
Un pequeno apoio económico e moral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará