O ano pasado foron ao redor de 250 persoas as que se presentaron ao proceso de selección. Estímase que este ano a cifra podería ser maior. Durante a xornada de hoxe un tribunal formado por funcionarios encargarase de elixir as 15 persoas que desenvolverán labores de limpeza nos areais do concello durante catro meses e medio.
A estas horas son centros de persoas as que ateigan o Multiusos da Xunqueira, lugar no que durante toda a mañá se vai desenvolver o proceso de selección para cubrir os 15 postos de traballo que oferta a Concellería de Medio Ambiente para a limpeza das praias do Concello.
Os seleccionados serán contratados a media xornada durante catro meses e medio, un emprego que lles reportará un salario en torno os 600 euros. Con todo a difícil situación laboral pola que están a pesar moitos desempregados fai que ano tras ano o número de candidatos que se presentan a estes postos se incremente notablemente. Así, o ano pasado foron xa máis de 250 candidatos, cifra que podería superarse este ano.
Os traballadores seleccionados encargaranse da limpeza das praias e a retirada de algas dos areais de Soutoxuste, Cesantes, Rande, Cabanas e Chapela.