Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración dos afectados pola ampliación da autoestrada AP-9

RR_Noticias

A asociación de afectados continúa coas mobilizacións que os levan a concentrarse semanalmente nas pasarelas que cruzan a autoestrada, pero anuncian xa novas protestas logo das últimas declaracións dende Fomento nas que o seu titular reiteraba a intención de seguir adiante co proxecto de ampliación. Hoxe a concentración será na pasarela peonil da Igrexa ás 21:30 horas.
 

Na xornada de hoxe os veciños volverán concentrarse como xa é habitual todos os xoves ás 21:30 horas sobre unha das pontes que cruza a autoestrada, aínda que nesta ocasión elixen como punto de protesta a pasarela peonil que se atopa preto da Igrexa da parroquia. Con candeas acesas queren facer visible a súa reivindicación e amosar unha vez máis a súa disconformidade coa intención de Fomento de ampliar a autoestrada.
A xunta directiva da asociación anuncia ademais a posta en marcha de novas medidas de protesta que pasan por provocar un colapso no tráfico da AP-9 animando aos veciños a pagar a peaxe con céntimos en hora punta.
Tampouco desbotan outras medidas e “mobilizacións contundentes” contra o “novo ataque electoral de ampliar Rande” en referencia ás declaracións feitas polo ministro de Fomento José Blanco na súa visita preelectoral Vigo onde confirmou a súa intención de aprobar “en poucos días” a contratación da ampliación da AP-9.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará