Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grumir abandona a folga de fame logo de coñecer que o PP gobernará en Redondela

RR_Noticias

Os seis ex traballadores que dende o pasado luns día 16 de maio estaban a protagonizar unha folga de fame ás portas do Concello decidiron esta madrugada dar por concluída a protesta. Confían en que o futuro goberno do PP manteña o servizo de emerxencias en Redondela con aló menos 6 contratados de xeito estable.

Os seis ex traballadores do Grumir, que durante once días mantiveron unha folga de fame ás portas do Concello, decidiron esta madrugada dar por concluída a protesta. Unha decisión que adoptaron logo de coñecer que será o PP quen goberne en Redondela. Segundo explicaba un dos ex operarios do servizo Jonathan Martínez, a decisión de levantar o campamento débese a que o programa electoral presentado pola candidatura liderada por Javier Bas contempla a creación dun servizo de emerxencias en Redondela. Están convencidos de que unha vez na alcaldía, os populares crearán un servizo estable con suficientes efectivos como para atender as emerxencias as 24 horas do día, que era precisamente o obxectivo que perseguían coa súa protesta.

Jonathan Martínez ex Grumir
Entenden que o PP vai recoller e atender as súas demandas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará