Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha Illa aberta ao público

RR_Noticias

A Fundación Illa de San Simón encargada da xestión deste espazo asegura que “todos os veciños poden acceder á illa previa solicitude, a título persoal ou como membros de colectivos”. O seu xerente, Xavier Alonso nega rotundamente que só se estean a desenvolver actividades de elite.

O uso da Illa de San Simón e o seu potencial como atractivo turístico foi durante esta campaña electoral un tema recorrente nos discursos dos diferentes partidos que se presentaban ás eleccións. Todos eles entendían ou así aló menos o recollían nos seus programas electorais e nos seus discursos políticos, que era necesario promover un transporte permanente entre a Illa e o porto de Cesantes. Pero ademais das propostas tamén se escoitaron moitas críticas cara á Fundación encargada da xestión dese espazo. Procedentes principalmente de BNG e PSOE, ambos os dous partidos poñían en dúbida as xestións das visitas que, segundo denunciaban, se centraban principalmente en actividades de elite. Unha afirmación que o xerente da Fundación nega rotundamente e lembra que a día de hoxe todos os veciños que queiran visitar a Illa poden facelo cumprimentando previamente unha solicitude que atoparán no enderezo electrónico www.fundacionilladesansimon.org. Insiste Xavier Alonso en que a responsabilidade da Fundación é a de xestionar a Illa “terra a dentro” polo que o transporte marítimo para acceder a San Simón corre a cargo do visitante. Lembra que a día de hoxe hai unha persoa que está a ofertar este servizo a un prezo de 10 euros por persoa e apunta que de cara ao futuro correspóndelle ao concello de Redondela buscar fórmulas de financiamento -ben a través de colaboración con entidades privadas, ben con achegas europeas- que permita conseguir un sistema estable de transporte dende o porto de Cesantes ata a Illa.

Xavier Alonso. xerente da Fundación
Os trámites para visitar a Illa son doados
Transporte estable
É necesario buscar fórmulas que permitan a existencia dun transporte marítimo á illa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará