Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido polo roubo de material na empresa na que traballaba

RR_Noticias

Un mozo de 30 anos de idade veciño de Redondela foi detido na xornada de onte acusado de subtraer diversas ferramentas dunha obra en construción na que estaba a traballar en Samil. Os feitos producíronse logo de comunicarlle o seu xefe que estaba despedido.

Axentes da Policía de Vigo detiveron na xornada de onte a un mozo veciño de Redondela como presunto autor dun delicto de furto. Os feitos tiveron lugar o pasado 20 de maio nunha obra en construción na Avenida de Samil cando o propietario da empresa denunciou a subtracción de diversas ferramentas por parte dun traballador ao que pouco antes tiña comunicado o seu despedimento e que lle esixiu o pago inmediato do salario adebedado.
O mozo, sen antecedentes anteriores, foi identificado e localizado na tarde de onte cando se procedeu a súa detención. O home pasou a disposición do Xulgado de Instrución número tres de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará