A deputado do BNG no congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara na que pide ao Ministerio de Fomento a construción dunha rotonda na interseción da N-550 coa estrada provincial de acceso a Amoedo no lugar coñecido como os Valos.
A deputada explica que a N-550 nese tramo concentra unha grande densidade de tráfico situación que se acentúa cos vehículos procedentes do aeroporto e da circulación que provén do vial de acceso a Amoedo.
Lembra Davila que esta rotonda melloraría a seguridade vial na zona así como a circulación de tráfico nos concellos de Redondela, Mos e Pazos de Borbén, motivo polo que dirixe unha serie de cuestións ao Ministerio para saber se ten disposición a estudar esta proposta.