Hoxe é Mércores 18 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arcade defende o esforzo do equipo malia a posiblidade de descenso

RR_Noticias

No club de Soutomaior están pendentes do que aconteza nas categorías superiores, xa que é máis que probable que os arrastren deixen ó Arcade na Segunda Autonómica. Con todo, desde a directiva están satisfeitos co esforzo e o traballo dos xogadores e do corpo técnico, que loitaron ata o final por manterse na Primeira Autonómica.

Rematada a liga na Primeira Autonómica, Castrelos, Bouzas B e San Martín foron os tres equipos descendidos, pero poden ser máis os que baixen a Segunda Autonómica en función dos arrastres das categorías superiores. E o seguinte na lista é o Arcade, e despois o Chapela, cuarto e quinto pola cola respectivamente. En Soutomaior teñen xa asumido que o descenso é “máis que probable”. Con todo, o presidente do club, Daniel Álvarez, defende o esforzo feito polos xogadores e o corpo técnico, porque traballaron “ata o final” para manterse. Álvarez salienta que non houbo “deixadez” nin falta de compromiso por parte do equipo, polo que a directiva decidiu confiar neles ata o final. Para a directiva tampouco foi unha sorpresa o feito de verse con opcións de descender. De feito a pasada temporada salváronse na última xornada. O propio Álvarez confesa que “sendo realistas”, a Primeira e a Segunda Autonómica son as dúas categorías entre as que estará “alternando” o equipo, dadas as súas posiblidades económicas. De cara a próxima temporada no club confirmaron xa a saída do adestrador, Jacobo Montes, que será o novo técnico do C.D.Choco, polo que a entidade deberá buscar novo adestrador. Con todo, a actual directiva evitará polo de agora facer movementos, xa que están á espera de celebrar a Asemblea Xeral. Será o 19 de xuño, e o presidente agarda que xente nova “tome o relevo” á fronte do club, xa que a actual directiva leva xa “moitos anos”, e precísanse “renovar o proxecto.

Daniel Álvarez presidente
A directiva defende o traballo feito polos xogadores e técnico
Obxectivos
Álvarez confesa que as aspiracións do club pasan por estar en Primeira ou Segunda

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará