A asociación de pais e nais de persoas con necesidades especiais “Andaina” presentarase oficialmente nun acto que se vai desenvolver o xoves e que contará coa presenza do neuropediatra Oscar Blanco quen impartirá unha charla baixo o título “problemas de aprendizaxe na infancia”.
A asociación de nais e pais de persoas con necesidades especiais convida aos veciños a achegarse o día 9 ás 19:00 h. ao Multiusos da Xunqueira onde explicarán cales son os obxectivos de Andaina, unha asociación que ven de refundarse logo de varios anos inactiva. Actualmente son xa 34 socios, quen comparten preocupacións, inquedanzas e dúbidas en torno a uns fillos con necesidades específicas. O obxectivo da Asociación é ofertar aos seus membros asesoramento, achegarlles información e apoialos no día a día, pero tamén poñer en marcha programas de atención aos rapaces que contemplan actividades de estimulación temperá, logopedia, reeducación pedagóxica e outros. O fundamental é que as familias poidan atopar o apoio e os medios necesarios para o mellor desenvolvemento e adaptación do neno. Este xoves celebran no Multiusos a presentación da asociación cun acto no que intervirá o neuropediatra Oscar Blanco quen impartirá unha charla baixo o título ” problemas de aprendizaxe na infancia”.