Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela incrementou a súa débeda nun 38% no último ano

RR_Noticias

O concello de Redondela é xunto co de Mos o único do sur da provincia que se ten saltado o mandato do goberno central que restrinxía os créditos aos concellos. Con todo, a débeda por habitante mantense por baixo do limiar que indica unha situación de debilidade económica.

A capacidade recadatoria e económica dos concello ten diminuído nos últimos tempos. A crise ten provocado que as administracións locais reciban menos ingresos xa que os cartos que recibían polas licencias de obras ou pola apertura de negocios comerciais tense reducido notablemente. Sumado a esto, o Ministerio de Economía e facenda lanzou o pasado ano a advertencia aos concello españois da necesidade de controlar o gasto.
Un mandato que en xeral foi acatado polos concellos da área metropolitana e do sur da provincia pero non polo de Redondela, de feito o bipartito deixou o concello cunha débeda de 147 euros por habitante, un 38% máis que o ano anterior.
Un dato que, aínda que negativo por supoñer un incremento na débeda, tamén reflicte que o concello se mantén por baixo do limiar que indica unha situación de debilidade económica e que as súas contas están en mellor estado respecto a outros concellos da contorna como Mos, Nigrán ou Porriño onde a débeda por habitante supera os 300 euros, máis do dobre que en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará