O recen estreado goberno do PP investiu boa parte desta semana en achegase aos traballadores públicos do concello. De feito, o alcalde Javier Bas, nada máis estrearse no cargo fixo un percorrido polos diferentes departamentos municipais para coñecer persoalmente a cada un dos traballadores. Incluso, as sete da mañá se lle podía ver o pasado mércores presentándose aos operarios que están a desenvolver tarefas de limpeza no areal de Cesantes.
Procedente do sector privado e con longa experiencia liderando equipos de traballo, Bas está convencido de que é fundamental fomentar un bo entendemento entre os traballadores e o novo goberno o que redundará nunha mellora do servizo e das propias condicións do traballador. Pero esa boa disposición cara os traballadores públicos vémola tamén entre outros membros do goberno. O voceiro do PP, Alberto Pazos, non dubidaba en agradecer publicamente a colaboración atopada nas áreas que xestiona, nomeadamente a de Cultura. Unha boa disposición que responde a un convencemento persoal pero que de seguro busca tamén evitar enfrontamentos como os sufridos por políticos que pasaron anteriormente polo goberno local. Precavido e prevido Bas chega coa lección aprendida.