Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socios do Choco esixen unha Asemblea Xeral antes de xullo para avaliar a xestión da directiva

RR_Noticias

Cun total de 87 sinaturas, un grupo de socios do Choco esixen ó presidente Cándido Mirou que dea contas da presente temporada. José Suárez, ex presidente e un dos promotores, denuncia que o club debe actualmente máis de 30.000 euros a xogadores e empresas. Denuncia que “a mala xestión” da directiva levou á entidade a esta situación, cando os ingresos foron semellantes ós de exercicios anteriores, e hai gastos “sen xustificar”.

A precaria situación económica e deportiva do Choco levou a un grupo de socios a recoller sinaturas para esixir ó presidente, Cándido Mirou, o adianto da celebración da Asemblea Xeral. Mirou anunciou que se celebrará o 30 de xullo, pero os socios entenden que será “demasiado tarde” para preparar a próxima temporada. Un dos promotores, o ex presidente José Suárez, solicitou que esa reunión se celebre “a finais de xuño ou na primeira semana de xullo”. Para iso conta co respaldo do 20% dos socios. Para Suárez “urxe” que a directiva “dea explicacións” da actual situación económica da entidade, que é moi complicada, e acusa a Mirou de “mentir”. As débedas poderían afogar ó club, que ten pendente o pago de 2,5 meses de nómina ós xogadores, e outros catro meses aos adestradores, o que sumaría un total de 24.000 euros. Suárez denuncia tamén outras débedas importantes coa empresa Transportes González (máis de 4.000 euros), e tamén facturas pendentes de telefonía. Para o ex presidente o maior problema do Choco é “a mala xestión” feita por Mirou. Suárez explica que para a presente temporada contaron cuns ingresos aproximados de 109.000 euros, unha cantidade “semellante” á que dispoñía o club en anteriores exercicios, e sen embargo, “os cartos non lle chegaron” para pagar os gastos. Suárez limita a responsabilidade á persoa do actual presidente, xa que “as decisión no club só as toma el”, e lamenta que Mirou non queira recibir “asesoramento” doutras persoas. De feito o tesoureiro deixou o seu posto e é o propio presidente o que exerce tamén esta responsabilidade. No caso de que a actual directiva non convoque a Asemblea Xeral no prazo solicitado polos socios, advirten que levarán o asunto “por vía xudicial”.  

Jose Suárez socio
Os socios esixen que a Asemblea se faga nun prazo de 15 días e ausan a Mirou de mentir.
Mala xestión
Suárez culpa a Cándido Mirou da actual situación económica do club cargado de débedas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará