Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O remo, protagonista da fin de semana en Chapela

RR_Noticias

Mañá sábado celébrase en augas de Arealonga a XXI Bandeira Deputación, e o domingo a XXV Bandeira Concello de Redondela. Chapela, xunto con Amegrove, é favorita ó título redondelán, que abre o calendario da Liga Galega de Traiñeiras. Será a partires das 11:30 horas coa participación dun total de 14 clubs galegos.

Esta fin de semana dispútanse dúas probas importantes en Redondela, organizadas polo Club de Remo de Chapela. En primeiro lugar a XXI Bandeira Deputación de Pontevedra de Traiñeiras, que se celebra mañá sábado a partir das 19:00 horas no campo de regatas situado na praia de Arealonga. Participan un total de 7 embarcacións da provincia, repartidas en dúas quendas. Na primeira mediranse Mecos, Coruxo e Vilaxoán, mentres que na segunda remarán os favoritos ao título, Tirán, Amegrove, Meira e Chapela. Tirán, que volverá a militar en ACT, é a clara candidata ó título. Na proba provincial haberá importantes premios en metálico. O primeiro clasificado levará un total de 1.850 euros, o segundo 1.650 euros, o terceiro 1.500 euros, o cuarto 1.300 euros, o quinto 1.100 euros, o sexto 900 e o sétimo un total de 700 euros. Liga Galega de Traiñeiras Esta regata do sábado será a última proba antes da liga Galega de Traiñeiras, que comeza o domingo tamén en Chapela. A partir das 11.30 horas, diante do paseo de Cardona, sairán os 14 equipos participantes en catro grupos. A proba está organizada polo Club de Remo Chapela e patrocinada polo Concello de Redondela, e acolle a algúns dos mellores equipos galegos deste deporte. Na presentación desta bandeira o alcalde redondelán, Javier Bas, destacou o seu compromiso para seguir “apoiando e potenciando este deporte”. Chapela está entre os favoritos ó título, pero o presidente do club, Fernando Collazo, non quixo esquecerse de Amegrove, actual campión galego e claro rival desta temporada, ó que cualificou de “óso”. Cabo da Cruz tamén está nas quinielas para o título, aínda que con menos opcións. O resto de aspirantes son Meira, Mecos, Vilaxoan, Perillo, Cabana, Ares, Coruxo, Esteirana, Poboa, Rianxo e Murgados. Nesta regata inaugural da nova edición da Liga Galega de Traiñeiras repartiranse un total de 6.000 euros en premios, variando a cantidade en función do posto logrado.  

Javier Bas alcalde
O rexedor amosa o apoio do Concello a este deporte
Fernando Collazo presidente do club
Collazo evita a presión sobre o papel de favoritos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará