Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP retira a súa proposta de dedicacións ao non contar co apoio da oposición

RR_Noticias

PSOE e BNG esixen a Javier Bas negociar as retribucións e dedicacións dos concelleiros con responsabilidades de goberno e critican a “folla de ruta” seguida polo alcalde nos seus primeiros días no cargo. AER solicita un maior recorte nos salarios de todos os membros da corporación. Con todo, si se aprobou o salario do rexedor local que mantén a retribución que percibía o seu predecesor no cargo: 55.800 euros anuais.

O PP enfrontouse onte ao seu primeiro pleno en minoría, unha situación que lles obrigou a retirar varios dos puntos incluídos dentro da orde do día. Unha sesión na que se debateu a proposta da alcaldía sobre as retribucións dos concelleiros e na que os populares propuñan unha redución no número de dedicacións exclusivas así como a eliminación dos cargos de confianza que ocupaban, no anterior mandato, o secretario de Medio Ambiente e a persoa encargada de prensa. A proposta contou dende o primeiro momento coa oposición de BNG, PSOE e AER, quen manifestaron o seu rexeitamento ao contido pero tamén as formas, xa que segundo explicaba a voceira dos nacionalistas, Cecilia Pérez Orge, ao seu partido se lles tiña negado unha documentación que logo o PP si entregou aos membros da Agrupación de Electores. Unhas críticas ás que se sumaba o PSOE e que obrigaban aos populares e pedir desculpas polos erros cometidos na tramitación das propostas. O acordo máis destacado dos adoptados onte foi o referente ao salario do alcalde. Os grupos políticos, a excepción de AER, si apoiaron asignar a Javier Bas unha retribución bruta anual de 55.800 euros, mantendo así o salario que recibía o anterior alcalde Xaime Rei. O portavoz dos socialistas, Luís Orge argumentaba o seu apoio á proposta salarial do alcalde porque en caso contrario “Redondela se atoparía nunha situación ingobernable cun alcalde que deixou o seu traballo e que estaría a presidir o concello sen contar cun salario”. Dende o PP, aínda conscientes de que o resto dos puntos ían quedar enriba da mesa, si defenderon a súa proposta de reducir nun 33’55% os gastos en persoas de confianza e remuneración aos cargos políticos e explicaban que se trata de trasladar aos feitos un compromiso que levaban no programa electoral. Está previsto que sexa nas vindeiras horas cando os partidos políticos se reúnan para negociar novamente estas retribucións. De feito, dende o BNG marcábanse as vindeiras 48 horas como prazo para se reuniren e sentarse a negociar cunha “actitude positiva”. Menos “positivos” se amosan na Agrupación de Electores.  O seu representante, Jorge Varela “Chopi” manifestaba o seu rexeitamento a unhas retribucións que consideran inxustas por elevadas. Un pleno o de onte que serviu principalmente para poñer de manifesto que este vai ser un mandato complexo para os populares xa que salvar as súas propostas en minoría lles van supor moito esforzo e, sobre todo, investir moitas enerxías en negociar cada un dos puntos con todos os partidos para evitar que, como sucedía nesta primeira sesión, a situación obrigue a deixar os asuntos sobre a mesa.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Críticas á xestión do PP
Alberto Pazos PP
O voceiro dos populares pedía desculpas no caso de teren cometido erros
Luis Orge PSOE
O socialista falaba de necesidade de evitar unha "situación ingobernable"
Pazos – recorte do 3355%
Os populares aseguran que se trata de asumir os compromisos de campaña
Pérez Orge – retomar a negociación
Dende o BNG aseguraban que acodirán con "actitude positiva" ás negociacións
Jorge Varela AER
Cualifican de inxustos os salarios por elevados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará