Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres nadadores redondeláns participarán en Cartaxena no Campionato de España

RR_Noticias

O Club Náutico de Redondela sumou un total de 13 medallas no Campionato Galego de Alevíns, e clasificou a tres deportistas para a proba estatal, que se celebra no mes de xullo en Cartaxena. Daniel Sánchez, Héctor Cabaleiro e Laura Costas serán os representantes redondeláns nesa cita. Por outra banda Elisa Pagán acadou medallas de prata e bronce no Campionato Galego Infantil disputado a pasada fin de semana en Ourense.

De “éxito total” poderían cualificarse os resultados do Club Náutico de Redondela esta temporada. Foron o quinto mellor club de Galicia no Campionato autonómico celebrado en Ferrol, no que sumaron un total de trece medallas en diferentes modalidades. Para a presidenta do club, Ana González, “superáronse todas as expectativas”, e salienta o traballo feito polos rapaces e o adestrador Jorge Lorenzo”ao longo de todo o ano”, e que fixo posible que un club “modesto” puidese estar na elite deste deporte galego. Os resultados na proba autonómica déronlle praza a tres dos seus nadadores para participar na proba estatal, que se celebra os días 8, 9 e 10 de xullo en Cartaxena. Participarán Héctor Cabaleiro, Daniel Sánchez e Laura Costas. Viaxar á cidade murciana suporá para eles unha experiencia “única”, na que agardan “pasalo ben con este deporte e facer amigos”. En canto ós obxectivos, Cabaleiro recoñece que é moi difícil facerse un oco no podio, pero agardan face “un bo papel”. Desde o club animan a todos os rapaces a rapazas a coñecer este deporte. Para iso só teñen que achegarse á Piscina Municipal de Redondela, onde adestran todas as tardes. Na actualidade o Club Náutico de Redondela conta con 45 nadadores, con idades que van desde os 7 ata os 24 anos. Ana González convida así a nenos e adultos a “probar” nesta modalidade deportiva, que ademais de ser moi beneficiosa para a saúde supón unha boa alternativa de ocio para os mozos. Campionato Galego Infantil O Campionato Galego na categoría infantil tamén supuxo un éxito para o club redondelán. A nadadora Elisa Pagán fíxose con dúas medallas, unha prata e un bronce.

Ana González presidenta
No club cualifican de éxito os resultados acadados polos rapaces
Daniel Laura Héctor e Elisa
Os rapaces compaxinan os estudos co deporte
Campionato de España
Viaxan a Cartaxena co obxectivo de facelo o mellor posible e pasalo ben

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará