Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Marcha Galega polo emprego demanda en Redondela medidas contra o paro

RR_Noticias

Os participantes na marcha, ao redor dun cento de persoas, fixeron unha parada na mañá de hoxe en Redondela antes de continuar cara Arcade. A marcha está organizada polo sindicato CIG e ten por obxectivo concienciar á poboación ante o grave problema que supón o paro e esixir a posta en marcha de medidas orientadas á creación de emprego.

Os participantes, un cento de persoas que partiran ás 8:00 horas do xoves dende a sede da CIG en Vigo, chegaron a Redondela pasadas as 11:30 horas. Antes de continuar camiño cara Arcade e Pontevedra deron lectura a un manifesto no que denunciaron a situación na que se atopan preto de 250.000 persoas desempregadas en Galicia, moitas das cales se ven abocadas a emigrar para buscarse a vida lonxe da súa terra e da súa familia. Con esta acción o sindicato pretende sensibilizar á poboación ante o gran problema que supón o paro e esixir a posta en marcha de toda unha serie de medidas que permitan o crecemento económico e a creación de emprego, fronte as políticas neoliberais aplicadas ate o de agora e que, en palabras do sindicato, provocaron “a precarización das condicións laborais”. A marcha polo emprego está composta por catro etapas: a primeira o xoves entre Vigo e Pontevedra, a segunda o venres dende Pontevedra a Pontecesures, o sábado a marcha chegará a Milladoiro e o domingo realizarán o último tramo, de 17 quilómetros ata chegar a Santiago. A central tamén porá autobuses de balde o domingo para asistir á protesta en Compostela. Os que estean interesados en participar poden pórse en contacto co sindicato no teléfono 986 82 79 00.  

Marga López CIG
Unha marcha que culminará en Santiago o domingo
Miguel Angel Vidal parado do metal
Os desempregados esixen cambios políticos encamiñados a crear postos de traballo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará