O barrio de Rande en Cedeira acolle esta noite unha nova edición do festival Arde Radne coa presenza de cinco grupos e un disc jockey que conforman unha programación musical que arrancará ás 22:00 horas.
Como ben sendo habitual os concertos desenvolveranse no recinto situado baixo a ponte de Rande. Ao escenario subirán en primeiro lugar os dous grupos gañadores do concurso de maquetas que organiza a Asociación deportiva e cultural de Rande, a banda de rock moañesa Foxyfreire e o reagge-rap de Ocekaos. A continuación está prevista a actuación de Bloquinho da Salgueira cos seus ritmos africanos, o grupo local de rap, Bajoderos e, como cabeza de cartel, a banda galega de ska Kogito. O festival pecharase cos ritmos do DI Lule Thecno Set.