Fundadora de Aldeas Infantís e Viguesa Distinguida sufriu un infarto ao mediodía de onte na súa vivenda en Cesantes. O enterro terá lugar na tarde de hoxe no cemiterio municipal de Pereiró en Vigo e mañá celebraranse os funerais, ás 19:00 horas na Igrexa parroquial de Santiago de Vigo. O venres celebrarase tamén un acto relixioso na igrexa parroquial de Santiago Apóstolo de Redondela ás 19:30 horas.
Rita Regojo falecía onte aos 82 anos de idade a causa dun infarto na casa que a familia ten en Cesantes. O suceso producíase no transcurso dunha comida familiar na que estaban presentes o seu esposo, Adriano Marques de Magallanes, diplomático e exdeputado no congreso do Partido Popular, así como dous dos cinco fillos da parella.
Foi trasladada de inmediato ao servizo de urxencias do centro de Saúde de Redondela onde os médicos trataron de reanimala pero nada se puido facer por salvarlle a vida.
A capela ardente foi instalada no pazo familiar Santa Teresa no centro da vila, por onde previsiblemente pasarán hoxe numerosas personalidades da vida política e social galega.
Os seus restos serán enterrados hoxe no cemiterio vigués de Pereiró, tras saír o féretro do domicilio mortuorio ás 16:15. A Igrexa Santiago o Maior de Vigo albergará un funeral mañá martes ás 19:00 horas e haberá outros o venres ás sete e media na igrexia de Santiago de Redondela.