Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deporte e ocio co Club de Balonmán de Chapela

RR_Noticias

O luns arranca no pavillón de Chapela o XIV Campus de Balonmán, no que poden participar rapaces e rapazas desde os 6 ata os 15 anos. Ademais da práctica deportiva, o campus conta con outras actividades lúdicas e formativas para os rapaces. E o 26 de xullo comezará un Campamento de Verán que se prolongará ata o 31 de agosto.

Rapaces e rapazas desde o 6 e ata os 15 anos teñen a oportunidade de pasar un verán diferente en Chapela. O Club de Balonmán pon en marcha un ano máis un campus centrado nesta deporte, do 11 ó 16 de xullo. Xa o 26 de xullo comezará o Campamento de Verán, que se prolongará ata o 31 de agosto. Os participantes destas actividades poderán non só practicar este deporte, senón tamén outras disciplinas deportivas, ademais doutras actividades lúdicas e formativas. En canto ó Campus de Balonmán, celébrase en horario de 9:00 a 19:00 horas, co xantar incluído. Ademais terán dúas noite de acampada, que serán o mércores e o venres. O Campamento de Verán conta cun horario de 9:00 a 14:00 horas, e ás actividades deportivas súmanse outras como o reforzo escolar, e actividades lúdicas. Inclúen saídas á praia e tamén xornadas de Educación Viaria, nas que colaborarán axentes de Tráfico. O presidente da entidade, Manuel González Soto, salienta que estas actividades teñen “unha vertente deportiva a outra social”. Por unha banda son un bo xeito de atraer rapaces para os equipos base do Club de Balonmán de Chapela, pero tamén son unha boa alternativa para conciliar a vida familiar e laboral no período de vacacións escolares. Os interesados en inscribirse no Campus de Balonmán ou no Campamento de Verán poden facelo no pavillón de Chapela, tamén nos teléfonos 630.850.698 e 646.133.771. O prezo do campus é de 115 € para os rapaces que pertenzan ó Club de Chapela, e 125 € para os demais. No caso do Campamento de Verán a actividade custa 50 € para aqueles que participen tamén no Campus e 70 € para o resto de inscritos. Temporada 2011-2012 O Construcións Paraxe Chapela prepara a próxima temporada co obxectivo de facelo “o mellor posible” e, cando menos, clasificarse para o sector. O presidente da entidade recoñece que a pasada temporada “non foi boa” a nivel deportivo, e agarda poder mellorar os resultados na próxima campaña. E xa teñen perfilado o equipo. González Soto confirmou a continuidade de Fran Teixeira como adestrador, e tamén avanzou as fichaxes de Sergio Cid, (procedente da liga Asobal), Rafa Gestido (que militaba nas filas do Atlético Novás) e o regreso de Deco, ademais da incorporación do porteiro David Docampo (que chega desde Soria)  

Manuel González Soto presidente
As actividades de verán teñen moito valor deportivo e tamén social.
Temporada 2011-2012
O obxectivo do club é clasificarse para a fase de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará