Os populares, con maioría absoluta no concello veciño, aprobaron ademais cos votos en contra do BNG en ambos so dous casos unha dedicación parcial de 18 horas semanais para o concelleiro José Angel Cerezo, quen cobrará 7.800 euros anuais.
O BNG argumenta o seu voto en contra por entender que os case 38.000 euros anuais que vai percibir o alcalde por gobernar un municipio de tan só 3000 habitantes é unha cantidade que “na situación de crise actual, valoramos excesiva”. Entenden ademais que a carga de traballo existente en absoluto xustifica unha dedicación parcial a maiores.
Os nacionalistas critican tamén o horario no que se van desenvolver as sesións plenarias, de xeito bimensual ás 13:30 horas. Un horario que segundo explicaba o voceiro do Bloque, Luciano Otero impide a asistencia dos veciños aos plenos e tamén complica a conciliación da política coa vida laboral e familiar dos concelleiros. De feito, a proposta do BNG era que as sesións se celebrasen ás 20:00 horas.