Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP salva as retribucións dos concelleiros coa abstención de PSOE e AER e a oposición do BNG

RR_Noticias

Os concelleiros con responsabilidades de goberno percibirán unha retribución bruta anual de 14.500 euros e deberán dedicar alomenos 18 horas semanais a xestión da área que presidan. Unhas dedicacións parciais que foron aprobadas onte nun pleno no que se acordou tamén rebaixar nun 30% a contía que cobrarán os voceiros dos grupos políticos, logo de que así o propuxera o portavoz socialista Luís Orge

Os concelleiros do goberno local cobrarán 14.500 euros, así se aprobaba onde nun pleno municipal no que o debate estivo marcado polas críticas dos grupos da oposición que manifestaron as súas reticencias ao sistema organizativo do goberno que preside Javier Bas. O voceiro do PSOE, Luís Orge manifestou as súas dúbidas sobre o reparto de dedicacións parciais xa que ao seu entender non ten sentido pretender que todos os concelleiros teñan as mesmas dedicacións independentemente das responsabilidades de goberno que asuman. Propuxo ademais que se rebaixase nun 30% o salario que percibirán os voceiros dos grupos políticos, cuxa retribución inicial establecíase en 964 euros brutos ao mes e que coa rebaixa aplicada queda en 672 euros. A proposta socialista foi apoiada polos resto dos grupos, con excepción do BNG quen a cualificou de “demagóxica”. A voceira nacionalista, Cecilia Pérez Orge defendía na súa argumentación que se mantivese a contía de 964 euros “por ser a mesma que viñan percibindo os voceiros nos últimos catro anos”. Insistía en que a súa postura non respondía a un interese persoal, xa que no BNG segundo explicou as asignacións económicas que perciben os voceiros no partido nacionalista destínanse integramente á organización. Pérez Orge defendía ademais que esas retribucións son tamén un xeito de prestixiar a labor dos voceiros. Dende a Agrupación de Electores, o seu voceiro Jorge Varela “Chopi” reclamaba que as retribucións para todos os edís fosen menores e demandaban ademais ao goberno que as dedicacións parciais se concreten “nun horario presencial e público”. O popular Alberto Pazos, trasladaba a oposición o compromiso do goberno local de cumprir coas súas responsabilidades exercendo un “esforzo de solidariedade entre os compañeiros do grupo de goberno” pero engadía que “no caso de que o sistema de dedicacións parciais establecido para este mandato non dea resultado non teremos ningún problema en corrixilo”. Comprometíanse tamén en facilitar canto antes a todos os partidos con representación un local para desenvolver o seu labor político. Na sesión de onte aprobouse ademais o posto de coordinador xeral da alcaldía cuxas funcións serán as de desenvolver as tarefas propias da secretaria do alcalde así como coordinar aos concelleiros de goberno. Un posto que recaerá na persoa de Carmen Amoedo. Unha sesión plenaria que arrancaba cunhas palabras de recoñecemento á recentemente desaparecida Rita Regojo de quen o alcalde Javier Bas lembraba as múltiples distincións coas que foron recoñecidos os seus méritos, entre os que destacou o feito de que fose Filla Predilecta de Redondela.  

Alberto Pazos PP
O popular explica o motivo da fórmula elixida para organizar o goberno
Luis Orge PSOE
Dende o PSOE dubidan dun sistema onde todos os edís teñen idéntica dedicación sen valorar as súas responsabilidades
Cecilia Pérez Orge BNG
A edil explicaba o seu voto en contra polo cambio de última hora na proposta
Luis Orge redución do salario dos voceiros
Defende unha rebaixa de 964 a 672 euros
Cecilia Pérez fala de demagoxia
A edil entende que a proposta socialista é demagóxica
Coordinador xeral da alcaldía
Alberto Pazos explicaba cal serán as funcións deste cargo de confianza

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará