Aprender a manexar unha embarcación de vela e gozar dunha fin de semana completa na Illa é unha das atractivas ofertas que nos deixa o Club Náutico San Simón. Dende a súa sede no peirao de Cesantes organizan diferentes actividades orientadas a tódalas idades.
O único requisito para participar destes cursos de vela e ser maior de 10 anos. A partir desa idade calquera pode aprender a manexar unha destas embarcacións pasando por un dos cursos que organiza o Club Náutico Illa de San Simón. Cursos semanais de 3,5 horas diarias ou propostas máis interesantes que nos permitirán gozar dunha fin de semana na Illa grazas a un convenio asinado coa Fundación. Juan Carlos Araujo, membro da directiva, recoñece que esta oferta está a atraer moito público de fora, que coñece a posibilidade a través de Internet ou ben por participantes anteriores, pero insiste en que a conta pendente é atraer tamén os veciños de Redondela e comarca. Os prezos oscilan entre os 80 euros o curso de vela, 106 optamos por durmir na fin de semana en San Simón ou a proposta máis cara de 180 euros para aqueles que queiran pasar tres días con tódolos gastos pagados neses espazo. As actividades complétanse con cursiños de bioloxía do entorno mariño e paseos en kaiak.