En total son 14 os nenos procedentes do Sahara que durante os meses de xullo e agosto gozarán en Redondela do programa Vacacións en paz, ao que hai que sumar outros dous nenos acollidos por familias de Soutomaior. Unha experiencia positiva para os pequenos pero aínda máis gratificante para as familias de acollida.
O delegado de zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Oscar Martínez Iglesias, é un dos veciños que durante estes dous meses de verán acollen no seu domicilio a un neno procedente do Sahara. Unha experiencia que xera dúbidas nun primeiro momento pero que se resolve con satisfacción para as dúas partes implicadas. Segundo nos explicaba Oscar a adaptación é practicamente inmediata e os posibles problemas de comunicación escasos, xa que os cativos, que adoitan ter entre 9 e 12 anos, aprenden con rapidez o idioma. O obxectivo do programa ten varias vertentes. Por unha banda permite a estes rapaces afastarse dos campamentos do Sahara onde viven en condición precarias nun período no que as temperaturas poden chegar a superar os 40 graos. Por outra banda, tamén é un xeito de concienciar á poboación e non deixar que quede no esquecemento un problema mantén aos saharauís fora das súa terras. En toda Galicia son os nenos que chegaron este ano grazas en parte á axuda aportada polas propias familias de acollida pero tamén ás diferente subvencións que concede a administración. No caso de Redondela, a colaboración ven sendo continua e ascende a 13.000 euros o que permite que se poidan pagar os billetes de avión dos rapaces. Este ano, a cambio de goberno aínda non permitiu cobrar esa achega, aínda que os membros da asociación contan coa boa vontade da Concellería de Servicios sociais e igualdade con quen xa se reuniron en días pasados.