A iniciativa, posta en marcha pola concelleira responsable de Economía e facenda e desenvolvemento local, Ana Mª Alonso, nace co obxectivo de revitalizar e pór en valor o comercio de Redondela. Cóntase para iso coa participación de todos os axentes implicados.
A mesa local de comercio é un órgano consultivo e colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración local e os axentes representativos do comercio Local, nela estarán representadas as asociacións locais de comerciantes, a través da asociación de Empresarios e a da asociación de consumidores, ademais do Concello de Redondela e a Xunta de Galicia. Unha plataforma que a concelleira Ana Alonso entende fundamental para adoptar medidas que permitan a recuperación do comercio local, que se atopa nunha situación de dura competencia cos centros comerciais o que provoca a diminución das ventas. Forman parte da Mesa o presidente dos empresarios redondeláns, José Antonio Gómez Pérez, o secretario da federación de asociacións veciñais e usuarios San Simón, Victor Manuel Fuentes, a concelleira de economía e facenda, Ana María Alonso, a edil responsable de participación cidadá, Erminda Quelle, Ignacio Rial en representación da Xunta e Mª Carmen Sánchez, axente de emprego e desenvolvemento local xunto co alcalde, Javier Bas.