Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. agarda a renuncia dalgún club para poder xogar en Autonómica

RR_Noticias

Logo de descender a pasada temporada a Provincial, no club redondelán confiaban en poder manter a categoría autonómica grazas á renuncia dalgúns dos clubs que atravesan problemas económicos. Pero polo de agora ningunha entidade fixo formal a súa baixa, e desde a Federación Galega non fan confirmación algunha. Teñen de prazo ata o 2 de agosto, e podería darse o caso de recuperar a categoría, pero o Redondela F.S. traballa polo de agora coa opción de militar en Provincial.

As esperanzas do Redondela F.S. de volver á Autonómica Sur vanse esvaecendo. Lodo do descenso, no club confiaban en evitar a categoría Provincial, xa que a Federación Galega de Fútbol Sala estudaba facer unha reestruturación. Moitos clubs arrastran débedas e poderían desaparecer, ou militar en Provincial. Con este panorama o equipo que preside Juan Manuel Nogueira podería manter a categoría de Autonómica Sur. Pero aínda non se fixo oficial a renuncia de ningún equipo galego, e a data límite para inscribirse remata o 2 de agosto. Nogueira lamenta que “a estas alturas de xullo” aínda non saiban nada, polo que xa traballan na próxima temporada “pensando na Provincial”. Con todo, non rexeita totalmente a posibilidade optar a unha praza de Autonómica, e asegura que pelexará “ata o último día”. Pero a realidade é que a día de hoxe ningún club formalizou a súa baixa, polo que Nogueira critica o “deixamento” dalgunha destas entidades. Mundialito da Xunqueira Ademais de preparar a próxima temporada coa incerteza de militar en Provincial ou Autonómica, o club está inmerso na celebración do Mundialito da Xunqueira, no que se disputan xa os oitavos de final. Unha XXXVII edición “sen grandes sorpresas”, segundo Nogueira, e con moita competitividade entre os equipos, o que ás veces se traduce nun xogo “demasiado agresivo”, o que lamentan desde a organización. A imaxe máis positiva é a que está a deixar a categoría Cadete, rapaces que chegan “con forza” ó campionato e que aseguran o futuro do fútbol sala en Redondela. De feito un dos obxectivos da actual directiva do Redondela F.S. é a fomentar a canteira, polo que farán campañas informativas nos colexios para animar ós máis pequenos.  

Juan Manuel Nogueira presidente
Desde o club tentarán recuperar a categoría ata o último día.
Categoría Cadete
Nogueira salienta a calidade dos Cadetes no Mundialito o que garante a canteira do lu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará