O alcalde de Redondela Javier Bas acordou celebrar a sesión ordinaria previstas para as 20:30 horas de hoxe ao auditorio do Multiusos ante a previsible asistencia de público. Entenden no PP que ao debaterse novamente o futuro trazado da autovía ao seu paso por Redondela serán moitos os veciños que queiran seguir en directo os diferentes argumentos dos grupos con representación na corporación.
A sesión arrancará ás 20:30 horas e previsiblemente e a decisión de trasladar a cita política da casa consistorial ao Multiusos da Xunqueira responde, segundo fontes municipais, ás previsión de que o salón de pleno se quede pequeno para albergar a todos os asistentes.
Entenden no goberno local que o futuro trazado da autovía segue a espertar un importante interese por parte dos veciños motivo polo que estar tarde todos os que queiran poderán achegarse ao auditorio da Xunqueira e asistir ao debeta dunha moción presentada polo PP na que expresan unha vez máis o seu apoio á chamada alternativa 11 (Pazos-Os Valos-Peinador) para comunicar Pontevedra con Vigo en lugar da A-59, defendida polo anterior goberno local.