A reivindicación ven de lonxe e en numerosas ocasións os propios veciños da parroquia de Chapela desenvolveron campañas de limpeza neste areal que segundo denunciaban estaba ateigado de cristais e cascallos. Responder a esa demanda veciñal é unha das primeiras actuación do concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez quen xa enviou maquinaria a Arealonga para deixar a praia limpa de cristais.
O edil explicou que o traballo do seu departamento de cara a deixar o areal en condicións axeitadas para os bañistas tamén se centrou en limpar a canle do río que desemboca nesta praia e que arrastra pedras pero tamén restos de obra. Sabe que é necesario traballar na concienciación dos veciños para acabar dunha vez con todas coa costume de moitos de tirar todo o que non serve ao mar e aos ríos, pero a primeira medida no periodo estival é rpocurar que os areais estean en condicións motivo polo que están a limpar eretirar os cascallos e os cristais para evitar que se produzan cortes entres os usuarios. A praia de Arelaonga, un areal urbano moi empregado polos veciños da parroquia, presenta ademais o problema de estar quedando sen area. A solución segundo os técnicos podería chegar construíndo un dique no lateral do areal, unha actuación que a Concellería ten previsto realizar en outono. As tarefas de limpeza en Cesantes céntranse na retirada das algas que segundo explicaba Miguel Álvarez “se acumulan por toneladas”.