O día 3 de setembro o candidato popular asistirá no Castelo de Soutomaior ao acto no que o lider do PP galego, Alberto Núñez Feijoo da inicio ao curso político e que este ano serviralle tamén a Rajoy como inicio de precampaña. O candidato do PP asegurou elixir esta localidade co obxectivo de que Galicia se converta no seu “talismán”.
Así o confirmou o portavoz do PP en Galicia Antonio Rodríguez Miranda quen confirmou que Rajoy participará no acto de arranque de precampaña das eleccións xerais en Soutomaior que, segundo dixo “o levarán á Moncloa”. Un acto que ven sendo habitual pero que neste ano ten como particularidade o feito de que supón non só o inicio do curso político senón tamén o arranque da campaña electoral de cara aos comicios do 20-N.
O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, achegarase así á nosa comarca no primeiro sábado de setembro co obxectivo de que Galicia se converta no “talismán que o leve á Moncloa tras a cita electoral”.