Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival “Espazos sonoros” achega o espectáculo poético “O cubo libre” á Casa da Torre

RR_Noticias

Da man da Compañía Autónoma Dromosofista, este evento preséntase como un proxecto de teatro musical, mimo e teatro de obxectos para tódolos públicos. A actuación terá lugar na praza da casa da Torre o xoves 25 na praza da Casa da Torre da man da Consellería de Cultura e turismo.

Catro personaxes arredor dun cubo negro transfórmanse nunha espiral de imaxes surrealistas e poéticas, acompañadas de música ao vivo. O Cubo Libre é un encontro entre a música, o teatro de rúa e o teatro de obxectos: dúas chaquetas que se revelan apaixonados amantes, un guitarrista virtuoso enreda as súas catro mans ao executar un tango, un músico introdúcenos na danza de dous estraños bailaríns. O público asistente poderá asombrarse dun espectáculo divertido que amosa con acerto que as aparencias enganan.
A Compañía Autónoma Dromosofista está formada por catro monicrequeiros e músicos que deixan fascinado ao público grazas ao seu dinamismo e imaxinación.
O certame Espazos Sonoros, que desenvolve este ano a súa cuarta edición baixo o lema Novos camiños para a música, celebrase do 15 de agosto ao 22 de outubro en diferentes espazos de interese cultural, espallados ao longo da xeografía galega. Tras catro edicións, a iniciativa mantense fiel ao seu perfil orixinal e obxectivos, entre os que están a promoción da creación musical en Galicia, a valorización do patrimonio cultural, musical e organístico e a captación e educación de públicos para a música clásica e as
outras músicas, dentro dun proxecto en constante evolución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará