Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican a asistencia dos cargos políticos a actos relixiosos en representación do concello

RR_Noticias

O BNg de Pazos de Borbén entende que as crenzas e os actos de carácter relixioso deben formar parte exclusivamente do ámbito privado e que a asistencia a actos relixiosos en calidade de cargos políticos é un “vestixio do pasado totalmente fora de lugar que, polo tanto, debe ser superado”.

Este é un dos motivos que levou aos representates do BNG neste concello a rexeitar un convite por parte da alcaldía para asistir aos actos institucionais que se celebraron o pasado día 15 de agosto con motivo das festas patronais en Pazos de Borbén.
Uns actos que consistían na asistencia a unha misa e nun xantar gratuíto para todos os concelleiros e concelleiras “pero cargado nos petos de toda a cidadanía por medio dos orzamentos do concello”. Repecto desta comida critican tamén que asistiran á mesma persoas alleas ao concello motivo polo que veñen de solicitar que se dea a coñecer a lista de convidados á mesmas e o custe que tivo para as arcas municipais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará