Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un camión de Urbaser atropela a un dos traballadores en folga

RR_Noticias

Carlos Corredoira, un dos traballadores en folga da empresa Urbaser en Soutomaior, foi trasladado a un centro hospitalario de Pontevedra logo de ser atropelado por un dos camións da empresa. Un “incidente” que ven complicar aínda máis a posibilidade de chegar a unha solución que poña fin a un paro que se iniciaba hai dúas semanas.

O sindicato UXT denuncia que o condutor do camión, a persoa encargada do servizo nos concellos en folga, tentou atropelar ao operario en dúas ocasións causándolle mazaduras e feridas de diversa consideración que están a ser valoradas polos servizos médicos. Unha situación que fai tensar aínda máis a corda entre traballadores e empresa logo de que na fin de semana a dirección de Urbaser despedise a tres dos operarios que están a secundar o paro na recollida, unha folga que se vive dende hai dúas semanas nos concellos de Soutomaior, Vilaboa e Pontecaldelas. Un paro que se prevé longo xa que polo de agora os responsables da empresa negáronse a abrir unha mesa de negociación de cara a asinar un convenio colectivo que recolla diferentes melloras demandadas polos operarios de Urbaser. Por este motivo, dende UXT adoptarán novas medidas para tentar achegar o problema á cidadanía e anuncian que estarán presente en todos os actos programados nos concellos en folga. Unha medida que os podería levar o vindeiro sábado ao Castelo, lugar elixido por Mariano Rajoy para iniciar o curso político e onde o lider do PP estará acompañado do presidente da Xunta Núñez Feijoo e outros cargos populares.  

Ramón Vidal UXT
O atropelo producíase na mañá de hoxe
Despedimentos
A empresa despediu a res raballadores en folga por non presentarse no seu posto de traballo
Novas medidas
O sindicato quere facer máis visibles as súas demandas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará