As Concellerías de Deportes e Xuventude valoraron positivamente a alta participación neste evento, superando as previsión de 300 ciclistas. Foron moitos tamén os que tomaron parte da cita utilizando algunha das bicicletas que o Concello puxo a disposición dos veciños interesados.
Máis de 320 veciños de todas as idades participaron na Festa da Bicicleta que onte se celebrou en Redondela, entre os que se incluían os concelleiros de Xuventude, Herminda Quelle e o de Deportes Jesús Crespo. A valoración por parte do Concello foi moi positiva en canto á asistencia de público, entre o que destacaban moitas familias completas, con nenos de diferentes idades. O feito de cambiar o percorrido, que o fixo máis accesible para todo o público, facilitou a participación dos máis cativos. As condicións meteorolóxicas axudaron tamén a gozar dunha xornada ciclista moi lucida cun percorrido que durou pouco máis dunha hora. A cita rematou co sorteo dunha bicicleta e material deportivo. En canto ó obradoiro de BMX, celebrado na tarde de onte, contou tamén con moita participación, a pista da Xunqueira estivo ateigada de rapaces para participar na demostración.