Cun equipo configurado por xente da canteira, a SAR traballa esta pretemporada coa vista posta no comezo de liga. Os adestramentos semanais están a servir para consolidar un equipo de xente moi nova que ten como obxectivo a permanencia na categoría de Primeira Nacional.
O I Trofeo Vila de Redondela, organizado pola SAR, serviulle ó primeiro equipo como toma de contacto para configurarse como grupo e poñerse a andar para o inicio de temporada, que será o 25 de setembro. Este torneo, do que resultou gañador o Chapela-Construcións Paraxe, supuxo unha proba de lume para o equipo, que amosou estar mellorando día tras día. O conxunto redondelán, formado por xogadores da canteira, é moi novo. Tamén o propio adestrador, Pablo Muíños, é a primeira vez que adestra ó equipo de categoría absoluta. Con todo, Muíños sinala que van “polo bo camiño”, e aspira a consolidar ó club na categoría de Primeira Nacional. Para iso precisan ser “moi constantes” e traballar duro, co obxectivo de rematar a liga “da metade da táboa para arriba”. O primeiro encontro desta temporada será co Lavadores, un difícil derbi comarcal, dos moitos que terán na presente liga. De feito, a maioría dos equipos que militan no grupo da SAR Plastic Omnium e o Paraxe Chapela son da provincia de Pontevedra e do resto de Galicia. Os únicos desprazamentos fóra da nosa comunidade serán a León e