Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e Xunta demandarán conxuntamente o cambio de trazado da autovía A-59

RR_Noticias

Tanto o goberno local como o autonómico manifestan que é necesario dar prioridade á A-57, e rexeitan a alternativa de Fomento tanto por motivos de custes económicos como de ocupación de solo. A reunión mantida entre o alcalde, Javier Bas, e o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, serviu tamén para tratar a mellora da ponte de Xulián, entre outros temas.

O alcalde redondelán, Javier Bas, reuniuse onte co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para abordar diversas cuestións relacionadas co Concello en materia de infraestruturas. Desde a Xunta traballan no proxecto de mellora da ponte de Xulián co obxectivo de dotalo dun ancho axeitado. Non hai datas nin orzamentos concretos, aínda que o conselleiro afirmou que se vai priorizar “en función das dispoñibilidades orzamentarias”. Ademais abordáronse outras cuestións como a depuradora ou o plan xeral. Respecto a este último, Hernández asegurou que a consellería traballará co Concello para axilizar a súa tramitación. En relación coas autovías previstas na zona, tanto o conselleiro como o alcalde manifestaron que é necesario dar prioridade á execución da A-57. Ademais, rexeitaron á alternativa proposta polo Ministerio de Fomento para a conexión da estrada A-59 coa rede arterial Vigo-Peinador, tanto por motivos de custes económicos como de ocupación de solo. Ambos mandatarios solicitan ó Ministerio de Fomento que retire a chamada alternativa 5 do estudo informativo a favor da alternativa 11. Entenden que é a mellor tomando en consideración factores de velocidade de trazado, seguridade viaria, afección a outras redes, calidade do trazado, captación de tráfico, funcionalidade e custe económico ambiental. Desde Redondela a Plataforma Cidadá Contra a Autovía A-59 xa se ten manifestado en reiteradas ocasións, denunciando os prexuízos que tería esta estrada a nivel social e e medioambiental.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará