Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O profesorado do IES Chapela denuncia os recortes no ensino público galego

RR_Noticias

  A Asemblea de Mestres do instituto secundou esta mañá o paro de media hora convocado polos sindicatos no ensino público galego. Os profesores advirten que os recortes da Xunta obrigan á desaparición de reforzos educativos, talleres de conversa en lingua inglesa e a redución do horario noutros servizos como a biblioteca escolar. O profesorado sumarase tamén ás dúas xornadas de folga convocadas polos sindicatos para mañá, día 21, e para o próximo 27 de setembro.

O profesorado do IES Chapela participou esta mañá no paro de protesta convocado para esta mañá polos sindicatos en sinal de protesta polos recortes da Xunta de Galicia no ensino público. Xabier Pérez, mestre do centro, denuncia que os cambios impostos pola Consellería de Educación supoñen “un deterioro do ensino público”. No caso do centro de Chapela reduciuse o profesorado, polo que diminúen as materias optativas. Tamén se reducen as aulas de apoio, reforzos e desdobres cos que se favorecían as posibilidades de éxito escolar do alumnado da ESO en ámbitos materias como lingua e as matemáticas. Pérez Davila denuncia tamén que os cambios supoñen a desaparición dos talleres de conversa en lingua inglesa, que favorecían “a aprendizaxe dos alumnos na lingua estranxeira”. A Asemblea de mestres lamenta tamén que os cambios organizativos dos centros obriguen ós docentes de encargarse de funcións “que non lles corresponden”, como vixiar as chegadas e saídas do transporte escolar. O profesorado do IES de Chapela anunciou que se sumará tamén ás xornadas de folga convocadas para mañá, día 21, e para o 27 de setembro. Denuncian a política de recortes que de xeito “unilateral” está a levar a cabo a Consellería de Educación, e que para os sindicatos é unha mostra máis da política neoconservadora da Xunta, que “deteriora o ensino público en beneficio do privado”.  

Xabier Pérez Davila mestre
O profesorado denuncia os recortes na calidade do ensino.
En defensa do ensino público
Pérez denuncia a políica da Xunta que prexudica ó ensino público en beneficio do privado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará