Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Construcións de Chapela pelexará por xogar a fase de ascenso

RR_Noticias

Esta fin de semana comeza a liga na Primeira Nacional de Balonmán, onde militan os equipos de Chapela e Redondela. Os de Fran Teixeira teñen como obxectivo rematar a competición como primeiro ou segundo clasificado, para poder xogar a fase de ascenso. A primeira cita desta liga será o sábado no pavillón do Camariñas, que acaba de ascender a esta categoría.

A pretemporada do Paraxe Construcións de Chapela estivo marcada polos éxitos, o club que preside Manuel González Soto fíxose co I Torneo Nacional Vila de Redondela, tanto na categoría masculina como na feminina. Este trofeo, organizado pola SAR Plastic-Omnium, supuxo xa unha boa toma de contacto dos equipos coa competición que agora comeza. Para Manuel González Soto, presidente do club, o obxectivo é superar o resultado da pasada temporada é “rematar a liga entre os dous primeiros do grupo”, que son as prazas que dan acceso a disputar a fase de ascenso. Soto entende que o conxunto que adestra Fran Teixeira ten calidade suficiente para pode acadar esta meta e dar a batalla nunha liga que comeza este sábado. O primeiro partido dos chapeleiros será en Camariñas, contra un rival que acaba de ascender a esta categoría da Primeira Nacional. Soto explica que “con todo o respecto para o rival” irán á vila coruñesa “a gañar”. Entenden que non será doado, xa que agardan un pavillón ateigado de seguidores do equipo local, agora que ven de acadar unha categoría superior.  

Manuel González Soto presidente
O obxectivo da temporada é clasificarse para a fase de ascenso.
Camariñas-Paraxe Chapela
O equipo xoga o primeiro partido este sábado en Camariñas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará