Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco dá cun muro en Calabagueiro

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes non puideron superar a dura defensa no campo do Barco, con moi boas actuacións do seu porteiro. A derrota, 2-0, deixa ós redondeláns na metade da táboa. No resto de categorías resultados desiguais para os equipos locais.

Preferente Autonómica
Barco 2-0 Choco
O equipo redondelán estivo moi metido no encontro pero os locais seguiron a demostrar a súa fortaleza na casa, e botaron por terra todas as opcións dos choqueiros. As oportunidades dos de Jacobo Montes estreláronse contra o porteiro local, Manu Taranilla. Na primeira metade os dous equipos dispuxeron de ocasións, pero as defensas dos dous conxuntos estiveron moi acertadas, polo que ningún gol subiu ó marcador. Na segunda parte os dous equipos foron a buscar os tres puntos, e o Barco adiantouse no minuto 58. Tentaron a igualada os redondeláns, pero toparon coa dura resistencia de Taranilla. Xa no último minuto os locais sentenciaron cun gol de Iago.
O resultado deixa ó Choco na 8ª praza da táboa, na próxima xornada reciben ó Traviesas, na metade baixa da táboa.
Primeira Autonómica
Chapela-Louro: 3-3
O Chapela de primeira autonómica, non da remontado na táboa. E empatoulle a tres goles ao Louro na súa casa. A vindeira xornada recibe ao Caselas.
Segunda Autonómica
Arcade- Zacande: 1-0
O Arcade, na segunda autonómica, impúxose na casa ao Zacande pola mínima, un a cero. Segue escalando na clasificación e xa está de sexto. Esta fin de semana visitará ó U. Dena.
Terceira Autonómica
Choco-Apostol: 2-1
O Choco da terceira autonómica gañou tamén na casa ao Apóstol por dous a un. Mantense no sétimo posto da táboa. Na vindeira xornada visita ó Lavadores.
Chapela-Lavadores: 3-4
O Chapela de terceira, no mesmo grupo que o Choco atópase nos últimos postos da clasificación, no número 14, tras perder na casa cun Lavadores que se impuxo por tres a catro. A vindeira xornada visita ó Alcabre.
Nespereira-Rubiós: 1-0
O Nespereira recibiu ó Rubios na casa e gañou por un a cero. E achegase a metade da táboa. A vindeira xornada enfrontarase ao Alpinista.
Atlético Villar-Vilariño: 0-1
E para rematar o Atletletico Villar perdeu tamén na casa ante o Vilariño por cero a un, quedando no cuarto posto da clasificación. Visitará o Ribadelouro a fin de semana que ven.
Fútbol Sala
Redondela F.S. 8-3 Rest. Pandiña
O encontro, disputado no pavillón municipal de Redondela, estivo dominado de principio a fin polos locais. A goleada estivo protagonizada por Jorge Cabanelas (3 goles), Héctor Ferreira (2), Santiago Queimaliños (2) e Jorge Alonso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará