Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, idiomas e teatro no C.C. de Trasmañó

RR_Noticias

Veciños de todas as idades teñen a oportunidade de participar nas actividades que se organizan no Centro Cultural de Trasmañó. Música, baile tradicional, teatro, inglés ou petanca son algunhas das propostas desta asociación que suma un total de 15 cursos para todas as idades. As clases impártense un día á semana en horario de tarde.

Con moitas novidades e ilusións renovadas comeza este curso 2011-2012 no Centro Cultural de San Vicente de Trasmañó. Son un total de 15 os cursos que poñen en marcha, algúns con moita tradición xa dentro da programación, e outros novos. Son actividades par ao tempo de lecer, a cultura e o deporte. A oferta abrangue desde cursos de música tradicional, co acordeón, a gaita ou a percusión, ata a música contemporánea, con clases de guitarra e batería. Tamén se ofertan cursos de inglés, informática e reforzo escolar, ademais de teatro, petanca e manualidades. Os cursos están dirixidos tanto a nenos como a adultos, e as clases son un día á semana en horario de tarde. Rosa González, a vicepresidenta do centro, salienta que estes cursos non serven só para aprender novas habilidades, senón que tamén son “un xeito de fomentar a convivencia entre os veciños”. En moitos casos hai un interesante intercambio xeracional, xa que nalgunhas actividades participan alumnos desde os 4 anos de idade ata adultos de máis de 70. Para saber máis sobre a programación poden achegarse ó Centro Cultural de Trasmañó, consultar o blog www.ccsanvicentedetrasmano.blogspot.com ou chamando ó teléfono 630.31.53.63.  

Rosa González vicepresidenta
O Centro Cultural de Trasmañó ofrece un total de 15 cursos diferentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará