Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro da Lúa do Sul estrea na Xunqueira a obra “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle esta fin de semana a estra da obra “Misericordia”, de Galdós. Logo dun tempo afastados dos escenarios, o grupo teatral vigués regresa con esta nova proposta. E fano en Redondela. As representacións serán o sábado, ás 21.00 horas e o domingo ás 19.30 horas.

O grupo vigués “Teatro da Lúa do Sul” volve de novo aos escenarios cunha montaxe baseada esta vez na obra “Misericordia”, de Benito Pérez Galdós. A súa estrea será no Multiusos da Xunqueira, mañá sábado día 1 de outubro, ás 21,00 horas, e domingo día 2, ás 19,30 horas. Esta nova montaxe é un impresionante fresco que o grupo adaptou ao Vigo de principios do século XX. Trátase dun universo marxinal poboado de personaxes trazados con man mestra por Galdós, entre os que destacan Benina, -símbolo da caridade-, e o misterioso esmoleiro Mordejai. Fantasía, soño e realidade, naturalismo e esperpento fúndense habilmente neste relato.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará