Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela asume a presidencia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

RR_Noticias

A nova presidenta do organismo, a concelleira de servizos sociais de Redondela Teresa París aposta pola solidariedade internacional das Administracións locais galegas, sumando esforzos a través do Fondo Galego. O Concello de Vigo ostentará a Vicepresidencia e Allariz a Tesourería.

Nos próximos catro anos o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vai estar presidido por Teresa París (PP), representante do Concello de Redondela. A vicepresidenta será Isaura Abelairas (PSdeG-PSOE), do Concello de Vigo, mentres que a tesoureira vai ser Pilar Gallego (BNG), do Concello de Allariz. A Secretaría continuará correndo ao cargo do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), que impulsou a creación da asociación en 1997.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Coa presenza nos órganos de dirección dos tres partidos con representación no Parlamento galego trátase de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará