Nos catro concellos que conforman a comarca son 4.272 as persoas que se atopan inscritas nas listas do INEM, o municipio máis prexudicado polo remate do verán é o de Redondela que perde 49 empregos.
Os datos que veñen de ser publicados pola Consellería de Traballo correspondentes ao mes de setembro volven ser negativos e cifra en 88 o número de persoas que quedaron sen emprego durante o pasado mes. Un incremento que se produciu a nivel estatal e autonómico e que se ve reflectido tamén na nosa comarca.
En toda a área metropolitana, Redondela sitúase como o segundo concello con maior número de desempregados na súa poboación con 2772 persoas, tan só por detrás da cidade de Vigo que superou a cifra dos 30.000 parados.
En Soutomaior tamén se produciu un incremento no paro con 15 novos veciños anotados nas listas do desemprego o que sitúa o número de parados no concello veciño en 834.
En Pazos o incremento foi porcentualmente maior situándose o número de desempregados neste municipio en 414 logo de sumarse a estes datos 17 novos veciños. Finalmente en fornelos de Montes as cifras aportadas pola Consellería falan de 252 desempregados, 7 máis respecto do mes anterior.