Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica o “gasto excesivo” investido polo goberno local na Festa da bicicleta

RR_Noticias

A concellería de Participación Cidadá tería investido na exhibición de acrobacias en bicicleta que tivo lugar no pasado mes de setembro en Redondela un total de 5.870 euros. Unha cantidade que segundo apuntan dende o partido nacionalista supón “dilapidar a metade do seu orzamento”

Consideran os nacionalistas que se trata dun gasto excesivo “posto que supón investir a metade do orzamento do que esta concellaría dispuña ata o final de ano nunha exhibición de BMX”.
Ademais da elevada cantidade investida critican tamén que este gasto fose asumido pola Concellería de participación cidadá “cuxo obxectivo prioritario debe ser estimular e apoiar o movemento asociativo” e non sufragar este tipo de actividades.
Finalmente critican o que cualifican de “accións contraditorias” por parte do goberno local no referente ao fomento e uso da bicicleta xa que por unha banda “castigan á parroquia de Chapela eliminando o servizo de préstamo de bicicletas” e doutra banda “gastan nunca soa tarde preto de 6.000 euros nunha demostración de habilidades” no uso deste vehículo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará