Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por denunciar un delito que non se tiña cometido

RR_Noticias

O detido, un varón de 31 anos de idade e veciño de Redondela, denunciara o uso fraudulento da súa tarxeta bancaria por un valor superior aos 3.000 euros. Os axentes da policía comprobaron que fora o propio denunciante que empregara a tarxeta nun local de copas da localidade.

Os feitos producíronse no pasado mes de xullo cando este home presentou unha denuncia polo suposto uso fraudulento da súa tarxeta bancaria coa que se terían realizados varios pagos por un valor superior aos 3.000 euros. Os axentes da Policía Nacional comprobaron que todos os cargos se produciran dende un TPV dun local de copas da localidade de Redondela, comprobando tamén que en todas as ocasións fora usada polo propio denunciantes. Logo de constatar este feito procedeuse a súa localización e detención o mércores pola maña. O detido, un veciño da vila de 31 anos de idade, carece de antecedentes policiais.
Dende a Policía lémbrase que simular un delito é unha infracción que se atopa recollida no Código Penal ademais de causar un grave prexuízo ao labor policial xa que se destinan medios humanos e materiais á investigación de feitos que nunca sucederon.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará