A acusada M.A.Y.B aceptou onte a súa culpabilidade e chegou a un acordo co fiscal minutos antes de que fora a celebrarse o xuízo no xulgado do penal número 3 de Vigo e aceptou 21 meses de prisión por un delito de estafa continuada por roubar dúas tarxetas de crédito a unha usuaria da piscina.
Os feitos producíronse en outubro do 2008 cando a acusada tería subtraído dúas tarxetas de crédito dos vestiarios femininos a unha usuaria da piscina municipal así como o seu carné de identidade. Ao día seguinte empregou esta documentación para facer diferentes fastos nun supermercado e en varias tendas así como retirar 600 euros en efectivo dun banco. A policía logrou deter a esta muller cando estaba a piques de retirar 2.500 euros doutras entidade bancaria.
A sentencia por conformidade imponlle 21 meses de cárcere, que non terá que cumprir se carece de antecedentes xudiciais, así como a aboar unha indemnizacións á vítima.