Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teres París márcase como obxectivo manter a capacidade de actuación do Fondo Galego

RR_Noticias

A nova presidenta do Fondo galego para a Cooperación e a Solidariedade, a concelleira de Serivzo Sociais de Redondela Teresa París, espera continuar na liña do seu antecesor no posto, para o cal considera imprescindible manter a colaboración dos máis de cen concellos de toda Galicia que a día de hoxe están implicados nos proxectos.

Tempos difíciles para a cooperación e as axudas ao desenvolvemento. Algo que saben ben os traballadores das ONG’s pero do que tamén son conscientes no Fondo Galego para a Cooperación e a solidariedade, un organismo que ten as súas peculiaridades propias pero que arrastra tamén o risco de ver mermada a súa capacidade de actuación debido a crise económica. O Fondo Galego mantén coas organizacións non gubernamentais moitas semellanzas nos seus obxectivos pero tamén diferencias importantes en canto ao seu financiamento. Así, a economía deste Fondo depende das achegas que aportan os máis de cen concellos asociados, as como subvencións procedentes das deputacións e a propia Xunta. Achegas pequenas pero que sumadas permiten financiar proxectos de cooperación en países de todo o mundo. Os lugares de actuación adoitan elixirse por afinidades culturais e idiomáticas aínda que tamén actúan con axudas puntuais en situacións de crise, como a vivida en Haití logo do tremor de terra do ano 2010. Un dos obxectivos que se marca de cara ao futuro a nova presidenta do organismo, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela, Teresa París pasa por sumar esforzos e non restar colaboración, porque é consciente de que a situación económica que afecta de cheo a moitas arcas municipais podería pasar factura a este organismo de cooperación.

Teresa París presidenta do Fondo Galego
Actuación en 135 proxetos en máis de 20 países
Sumar esforzos
Lograr alo menos que se manteñan os membros actuais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará