Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina de Pazos estivo aberta nos meses de verán malia carecer de medidas de seguridade

RR_Noticias

O BNG da localidade denuncia que as instalacións de Nespereira estiveron abertas ao publico a pesares de non contar con socorrista nin con sistemas de seguridade obrigatorios tales coma os flotadores salvavidas. Os nacionalistas acusan ao goberno municipal de poñer en risco a saúde e integridade das persoas mantendo aberta unha piscina con numerosas deficiencias.

As obras na piscina da área recreativa de Nespereira levan meses paradas sen térense completado, pois faltan os vestiarios incluídos no proxecto. Malia isto e segundo denuncia o portavoz do BNG en Pazos, Luciano Otero, a piscina estivo aberta ao público durante estes meses de verán incumprindo case a totalidade das medidas hixiénicas e de seguridade reguladas pola Consellería de Sanidade.
A modo de exemplo subliñan que as instalacións non contaron con socorrista ou persoa titulada en primeiros auxilios, como obriga a lei, o que supón unha falta cualificada como moi grave polo regulamentos. Ademais as instalacións foron de acceso libre a todas horas, cando a lei obriga a que exista un sistema eficaz que impida o acceso dos usuarios fóra dun horario de funcionamento expresamente establecido. Finalmente subliman tamén que non contou cuns mínimos elementos de seguridade coma os flotadores salvavidas.
Esta actuación que cualifican de “neglixente e irresponsable do goberno popular” pon en risco a saúde e a integridade das persoas, e tamén pode levar a que o concello teña que facer fronte a responsabilidades de tipo patrimonial, “por posíbeis indemnizacións en caso dalgún accidente ou por multas por incumprimentos de medidas sanitarias”.
Diante desta situación, o BNG solicita que esta cuestión sexa debatida en pleno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará