Recadar fondos para custear os tratamentos e operacións que necesita Alex, un neno que padece parálise cerebral, é o obxectivo que moveu a Rodri Vegas a organizar unha gala benéfica que se celebrará o domingo en Redondela e que contará coa presenza de oito magos. O prezo da entrada é de dous euros. As funcións serán ás 17:30 e as 19:00 horas.
O Multiusos da Xunqueira acolle este domingo unha gala benéfica para recadar fondos para Alex, un neno vigués que padece parálise cerebral e que necesita someterse a custosos tratamentos para mellorar a súa calidade de vida, investimentos que a súa familia non pode asumir debido a delicada situación económica pola que atravesan. Nun intento de colaborar con esta causa, este domingo todo o que se recada nas dúas funcións que se celebran irán destinadas integramente a esta acción. A gala contará coa presenza dun nutrido grupo de magos, como o redondelán Eloi Crespo, Oscar Martínez, o mago Marco, Alán Goliás, Mago Noel, Mago Eloi e o coruñés Román García, un ds mellores magos de España tal e como o acreditan os numerosos premios e recoñecemento que ten recibido. O tamén mago Rodri Vegas será o encargado de presentar a gala que se celebrará nunha primeira función ás 17:30 horas e nunha segunda ás sete da tarde. O prezo da entrada é de dous euros que serán integrados na súa totalidade á causa benéfica que promove a gala.