Este luns en ‘Carreira de Fondo‘ contamos con Laura Portela, exalumna do IES Pedro Floriani e graduada en Bioloxía pola Uvigo coa Mención en Bioloxía aplicada á produción. Actualmente está cursando o Mestrado interuniversitario en Acuicultura. Imos falar con ela do seu TFG, polo cal outorgáronlle en 2024 o Premio Extraordinario de Fin de Grao na Titulación de Grao en Bioloxía e a través do cal puido formar parte do Grupo de investigación de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura da Uvigo.
Conversamos sobre a súa traxectoria académica e os consellos que lle daría á xente que desexe ir por un camiño similar. No seu currículo académico podemos atopar:
- Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao Rendemento Académico. Xunta de Galicia. 2017. Cursado no IES Pedro Floriani.
- Premio de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/2020 nas universidades do SUG.
- Premio de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2020/2021 nas universidades do SUG.
- Premio Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2021/22 nas universidades do SUG.
- Premio Extraordinario de Fin de Grao correspondente ao curso 2022/2023 na Titulación de Garo en Bioloxía. Universidade de Vigo. 2024.